Non perdades a oprtunidade de ver a actividade que se levou a cabo no noso cole con motivo do Día Do Libro. O alumnado de primaria participou nesta actividade proposta polo EDLG e o Equipo de Biblioteca. Pasárono moi ben e os resultados foron sorprendentes.
miércoles, 30 de abril de 2014
miércoles, 23 de abril de 2014
DÍA DO LIBRO PRIMARIA
Hoxe coincidindo co Día do Libro os nenos e nenas do cole fixeron unha actividade lectora baixo o lema Ti +Eu = Libro. Que consisitía en que un neno ou nena dun curso superior escollía un neno ou unha nena dun curso inferior para leer entre os dous un libro. Cando remataban facían un debuxo do libro. Con estes libros vaise facer un libro recopilatorio que podedes consultar no noso Bosque Lector.
DÍA DO LIBRO EN EDUCACIÓN INFANTIL
Hoxe seguindo a tradición catalana de San Jorge que conmemora o Día do libro e o seu patrón, dentro das actividades relacionadas co día do libro, os nenos e nenas de Educación Infantil dediciron regalar unha flor. A tradición di que debe ser unha rosa pero lles encantan as margaridas así que decidiron facer unha margarida.
lunes, 21 de abril de 2014
OBRAS NA BIBLIOTECA
Xa comezaron as obras na biblioteca para convertela nun verdadeiro bosque. Aquí vos deixo os primeiros debuxos.
jueves, 3 de abril de 2014
PRESENTACIÓN DE ELEFANTE COMELLÓN
Mañá a partir das 18:30 na libraría libros para soñar, (Rúa Triunfo 1, Vigo/ Casco Vello) presentación de Elefante comellón o novo libro ilustrado de Marc Taeger, o ilustrador de Garanvaciño, Aquiles, o puntiño... e que pasou hai uns meses polo noso cole e que tanto nos gustou. Deíxovos aquí o detalle do libro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)