domingo, 11 de mayo de 2014

SEMANA CULTURAL / MIGALLAS EN CONCERTO

Mañá o grupo Migallas fará a presentación do seu novo libro/CD en Infantil e no primeiro Ciclo de Educación Primaria dentro das actividades da Semana Cultural. Xa vos contaremos que tal.



Aquí vos deixo un enlace para máis información.


miércoles, 30 de abril de 2014

TRABALLANDO NO DÍA DO LIBRO

Non perdades a oprtunidade de ver a actividade que se levou a cabo no noso cole con motivo do Día Do Libro. O alumnado de primaria participou nesta actividade proposta polo EDLG e o Equipo de Biblioteca. Pasárono moi ben e os resultados foron sorprendentes.



miércoles, 23 de abril de 2014

DÍA DO LIBRO PRIMARIA

Hoxe coincidindo co Día do Libro os nenos e nenas do cole fixeron unha actividade lectora baixo o lema Ti +Eu = Libro. Que consisitía en que un neno ou nena dun curso superior escollía un neno ou unha nena dun curso inferior para leer entre os dous un libro. Cando remataban facían un debuxo do libro. Con estes libros vaise facer un libro recopilatorio que podedes consultar no noso Bosque Lector.




DÍA DO LIBRO EN EDUCACIÓN INFANTIL

Hoxe seguindo a tradición catalana de San Jorge que conmemora o Día do libro e o seu patrón, dentro das actividades relacionadas co día do libro, os nenos e nenas de Educación Infantil dediciron regalar unha flor. A tradición di que debe ser unha rosa pero lles encantan as margaridas así que decidiron facer unha margarida.






lunes, 21 de abril de 2014

OBRAS NA BIBLIOTECA

Xa comezaron as obras na biblioteca para convertela nun verdadeiro bosque. Aquí vos deixo os primeiros debuxos.




jueves, 3 de abril de 2014

PRESENTACIÓN DE ELEFANTE COMELLÓN



Mañá a partir das 18:30 na libraría libros para soñar, (Rúa Triunfo 1, Vigo/ Casco Vello) presentación de Elefante comellón o novo libro ilustrado de Marc Taeger, o ilustrador de Garanvaciño, Aquiles, o puntiño...  e que pasou hai uns meses polo noso cole e que tanto nos gustou. Deíxovos aquí o detalle do libro.

miércoles, 26 de marzo de 2014

LIBRO RECOMENDADO DE ESTA SEMANA

No noso cole, temos unha biblioteca marabillosa cunha morea de libros para ler pero, cal escoller?
Quén mellor que un neno ou nena ao que lle encanta ler para recomendarnos un?
Aquí, neste vídeo, temos a Kenia, unha alumna de 2º de E. Primaria que nos vai recomendar un dos seus libros favoritos...



O "COMANDO LECTOR"



    O "Comando de Lectura" é un grupo de nenos e nenas que en calidade de "comandantes" van a axudar algúns días a outros nenos máis pequenos no tempo de lectura que temos despois do recreo. 

   A experiencia é moi interesante para todos, pois mentres uns reforzan a lectura, outros aprender a ser responsables, a axudar aos demáis... Todos síntense importantes e é, que aquí, todos gañan!!





lunes, 24 de marzo de 2014

XOGOS PARA TRABALLAR A COMPRENSIÓN LECTORA


É moi importante aprender a entender ben o que lemos,pero non sempre resulta doado. Por iso, para que practiquedes un pouco e o pasedes ben ao mesmo tempo, vos deixamos aquí o seguinte enlace con diversos xogos de lectura comprensiva e varios niveis de dificultade. 



Esperamos que vos guste!!

domingo, 23 de marzo de 2014

A PARTICIPACIÓN DOS NENOS/AS NA BIBLIOTECA

Os alumnos/as de 5º e 6º de E.Primaria, ademais de utilizar a biblioteca como lugar para ler, xogar ao parchís, ás damas, ao axedrez, etc. , tamén colaboran cos profesores/as encargados do seu funcionamento, levando a cabo tarefas como: préstamo de libros á nenos/as de calquera curso, colocación de libros devoltos nos andeis que lles corresponda, forrar e poñer o código á libros novos, poñerlles o selo do colexio, etc. Todo isto o fan de forma voluntaria, sempre coa presenza dun profesor, para poder resolverlles calquera dúbida que lles puidera xurdir e para manter unha orde e unha boa organización. Desta maneira, ao mesmo tempo que son dunha gran axuda, aprenden a manexar no ordenador o programa da bilblioteca e vanse facendo máis responsables.

Aquí podedes ver a algúns deles forrando libros.





XOGOS VARIOS

Se queredes pasar un anaco divertido podedes escoller entre varios dos seguintes xogos. Clicade na seguinte foto e... a xogar! 

viernes, 21 de marzo de 2014

PAPIS E MAMIS DE INFANTIL

Ata o primeiro ciclo de primaria os nen@s non poden emprestar contos e libros da biblioteca, pero os papis e as mamis si. En horario de 15:30 a 17:30 todos os días excepto os martes, gozando así da nosa marabillosa biblioteca. Por certo, tamén temos libros que poden ser de interese para vós.



jueves, 20 de marzo de 2014

CICLO DA AUGA

Para que comprendades mellor e vos sexa máis divertido aprender todo o relacionado co "Ciclo da auga", aquí tedes este vídeo : 





miércoles, 19 de marzo de 2014

O PREGUNTOIRO

Déixovos aquí un xogo de preguntas sobre a nosa historia e patrimonio que a min me encanta. E se non sabedes algunha pregunta xa sabedes onde buscar: NO BOSQUE LECTOR.


PICA NA IMAXE E ACCEDERÁS AO XOGO

VISITA DOS CONTACONTOS DE KALANDRAKA

Antes das vacacións do Entroido tivemos a marabillosa oportunidade de poder escoitar os xeniais contacontos de Kalandraka. Aquí deixamos algunhas fotiños.



Contacontos Kalandraka - Video Maker

jueves, 13 de marzo de 2014

UN CONTIÑO PARA HOXE

Katy é a encargada da súa clase, é a encargada de molestas aos compañeiros que se despistan para que volvan a prestar atención ao seu mestre. Buff este é un traballo moi estresante.... queres saber por qué? Poder escoitar o conto e xogar cas preguntas que che fan a continuación

 Katy a mosca estresada

PICA NA IMAXE E ACCEDERÁS A ACTIVIDADE

CONTOS CON ENCANTO

Un dos libros que nos gusta traballar en infantil é "Orellas de volvoreta", falanos de aceptar aquelo que nos fai diferentes e ao mesmo tempo especiais.  Espero que disfrutedes do conto.

UN RATIÑO NA BIBLIOTECA

Este martes os nenos de 4 anos fumos a biblioteca para poder ver e tocar os libros. Como podedes ver disfrutaron moito... encantalle ler libros
Se queredes ver mais fotos podemos clikar na imaxe que vos levara ao blogue da profe Sole "Trebellos"

jueves, 13 de febrero de 2014

CORRE, CORRE CABACIÑA

Para hoxe... un contiño!!!

LIBROS LECTURA OBRIGATORIA CURSO 2013/2014

Como todos os anos durante este curso, os alumnos/as de Educación Primaria ademais da lectura diaria,   terán lectura obrigatoria.

No primeiro curso lerán:



En segundo curso:













En terceiro:

 


En cuarto:

                                              

En quinto:

                                             

En sexto: