domingo, 23 de marzo de 2014

A PARTICIPACIÓN DOS NENOS/AS NA BIBLIOTECA

Os alumnos/as de 5º e 6º de E.Primaria, ademais de utilizar a biblioteca como lugar para ler, xogar ao parchís, ás damas, ao axedrez, etc. , tamén colaboran cos profesores/as encargados do seu funcionamento, levando a cabo tarefas como: préstamo de libros á nenos/as de calquera curso, colocación de libros devoltos nos andeis que lles corresponda, forrar e poñer o código á libros novos, poñerlles o selo do colexio, etc. Todo isto o fan de forma voluntaria, sempre coa presenza dun profesor, para poder resolverlles calquera dúbida que lles puidera xurdir e para manter unha orde e unha boa organización. Desta maneira, ao mesmo tempo que son dunha gran axuda, aprenden a manexar no ordenador o programa da bilblioteca e vanse facendo máis responsables.

Aquí podedes ver a algúns deles forrando libros.





No hay comentarios:

Publicar un comentario