Xa comezaron as obras na biblioteca para convertela nun verdadeiro bosque. Aquí vos deixo os primeiros debuxos.
lunes, 21 de abril de 2014
jueves, 3 de abril de 2014
PRESENTACIÓN DE ELEFANTE COMELLÓN
Mañá a partir das 18:30 na libraría libros para soñar, (Rúa Triunfo 1, Vigo/ Casco Vello) presentación de Elefante comellón o novo libro ilustrado de Marc Taeger, o ilustrador de Garanvaciño, Aquiles, o puntiño... e que pasou hai uns meses polo noso cole e que tanto nos gustou. Deíxovos aquí o detalle do libro.
miércoles, 26 de marzo de 2014
LIBRO RECOMENDADO DE ESTA SEMANA
No noso cole, temos unha biblioteca marabillosa cunha morea de libros para ler pero, cal escoller?
Quén mellor que un neno ou nena ao que lle encanta ler para recomendarnos un?
Aquí, neste vídeo, temos a Kenia, unha alumna de 2º de E. Primaria que nos vai recomendar un dos seus libros favoritos...
Quén mellor que un neno ou nena ao que lle encanta ler para recomendarnos un?
Aquí, neste vídeo, temos a Kenia, unha alumna de 2º de E. Primaria que nos vai recomendar un dos seus libros favoritos...
O "COMANDO LECTOR"
O "Comando de Lectura" é un grupo de nenos e nenas que en calidade de "comandantes" van a axudar algúns días a outros nenos máis pequenos no tempo de lectura que temos despois do recreo.
A experiencia é moi interesante para todos, pois mentres uns reforzan a lectura, outros aprender a ser responsables, a axudar aos demáis... Todos síntense importantes e é, que aquí, todos gañan!!
lunes, 24 de marzo de 2014
XOGOS PARA TRABALLAR A COMPRENSIÓN LECTORA
É moi importante aprender a entender ben o que lemos,pero non sempre resulta doado. Por iso, para que practiquedes un pouco e o pasedes ben ao mesmo tempo, vos deixamos aquí o seguinte enlace con diversos xogos de lectura comprensiva e varios niveis de dificultade.
Esperamos que vos guste!!
domingo, 23 de marzo de 2014
A PARTICIPACIÓN DOS NENOS/AS NA BIBLIOTECA
Os alumnos/as de 5º e 6º de E.Primaria, ademais de utilizar a biblioteca como lugar para ler, xogar ao parchís, ás damas, ao axedrez, etc. , tamén colaboran cos profesores/as encargados do seu funcionamento, levando a cabo tarefas como: préstamo de libros á nenos/as de calquera curso, colocación de libros devoltos nos andeis que lles corresponda, forrar e poñer o código á libros novos, poñerlles o selo do colexio, etc. Todo isto o fan de forma voluntaria, sempre coa presenza dun profesor, para poder resolverlles calquera dúbida que lles puidera xurdir e para manter unha orde e unha boa organización. Desta maneira, ao mesmo tempo que son dunha gran axuda, aprenden a manexar no ordenador o programa da bilblioteca e vanse facendo máis responsables.
Aquí podedes ver a algúns deles forrando libros.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

